As Brigadas Deseucaliptizadoras acometerán este mércores 27 en Froxán (Lousame) unha nova plantación de especies autóctonas

26 Decembro 2022

Este ano as Brigadas Deseucaliptizadoras volven ao seu lugar de orixe: a aldea de Froxán, en Lousame. Farano para a tradicional Roga de San Silvestre, na que as persoas integrantes do colectivo ambiental volverán apostar polo bosque nativo a través dunha nova plantación de frondosas autóctonas (cereixeiras, castiñeiros, aveleiras e nogueiras).

En concreto, plantarán especies autóctonas en dúas parcelas que xa foron deseucaliptizadas previamente polas Brigadas, esmagando ou descascando puntualmente algúns rebrotes. Trátase de parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola. Os traballos volven contar cos apoios do proxecto Life Terra, que colabora coa adquisición de plantas (3.000 árbores), e coa Deputación da Coruña, que posibilitou un importante investimento en equipos de protección, maquinaria e ferramenta.

Pola tarde continuarase cos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo Erasmus+. Os obradoiros versarán sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de exóticas e invasoras, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.).

As e os brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

As Brigadas

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordinar persoas de todo o país con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras.

Fano mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que “as zonas intervidas non volvan ser pasto do lume” e que “sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.