Ambar promove unhas xornadas de convivencia co alumnado do IES Leliadoura

15 Decembro 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional promoveu unhas xornadas de convivencia cos alumnos e alumnas de 4o de ESO do IES Leliadoura. Estas tiveron lugar nesta semana, os días mércores 14 e xoves 15, nas instalacións do Centro de Recursos da asociación.
As xornadas estiveron enmarcadas nas accións que se realizaron dende a Asociación Ambar polo Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e o Día Mundial dos Dereitos Humanos.
Durante a súa visita, o alumnado puido coñecer máis a fondo os distintos obradoiros ocupacionas que se levan a cabo en Ambar, así como a misión que ten a asociación como axente promotor da igualdade de oportunidades e os valores cos que se traballan a prol dunha comunidade máis inclusiva.
A través desta iniciativa, as persoas usuarias de Ambar e o alumnado do IES Leliadoura puideron coñecerse e desfrutar das distintas actividades que se levan a cabo dentro das instalacións do centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.