“AETINAPE cumpre 40 anos de intensa vida cos profesionais do mar”

17 Decembro 2022

Antón Luaces.- Este sábado o Museo do Mar de Galicia en Alcabre (Vigo) vai desenvolver o acto conmemorativo dos primeiross 40 anos de vida da Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueira (AETINAPE). Será, segundo a entidade que preside José Manuel Muñiz Ríos, un acto “profundamente humano de recoñecemento a toda a xente do mar” no que tamén estarán persoas do ámbito creativo e divulgativo que acompañaron a AETINAPE durante todo este tempo, como o xornalista, escritor e académico Manuel Rivas, o tamén xornalista e exdecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé María Palmeiro, e outros.

Haberá tamén distintas intervención gravadas de persoeiros que ocupan ou ocuparon cargos institucionais  tanto na pesca como en mariña mercante, así como directores e profesores de escolas marítimo-pesqueiras de diversos puntos de España.

Abrirá o acto Muñiz Ríos, presidente da organización, cun discurso no que glosará a vida asociativa e a proxección pública de AETINAPE , repasando asimesmo os logros máis importantes desta organización profesional nos 40 anos transcorridos desde a súa fundación, con especial atención a aqueles relacionados coa seguridade marítima e a humanización do traballo no mar.

AETINAPE recoñecerá asimesmo a aquelas persoas que fixeron grande  a entidade nestas catro décadas, entre as que figuran algunhas que forman parte do colectivo como outras qwue manteñen vínculos coa Asociación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...