Aberto o prazo de inscrición para participar na campaña da neve 2023 da Deputación da Coruña

03 Decembro 2022

O Concello de Boiro participa un ano máis na Campala da Neve 2023 da Deputación da Coruña. O número de prazas ofertadas para este ano é de 11, que viaxarán á estación de Valgrande-Pajares entre o 27 e o 30 de xaneiro. As inscricións están abertas e poden facerse no Rexistro Xeral do Concello de
Boiro.
A Campaña da Neve está dirixida a nenos e nenas da provincia da Coruña de entre 11 e 15 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2022. O prezo de participación será de 85 euros e que inclúe o transporte de ida e volta, estadía e manutención na estación, clases de esquí, seguros, alugamento de
material, remontes mecánicos e todo o gasto de actividades e cursos programados.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 30 de novembro e ata o 14 de decembro, presentando no Rexistro Xeral do Concello de Boiro a ficha de inscrición dispoñible na web municipal. Entre o 15 e o 17 de decembro farase o sorteo das prazas, nas que terán prioridade aqueles nenos
e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno.
As persoas participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares con cursos de esquí e outras actividades alternativas e complementarias.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...