A Xunta destaca o xeodestino da ría de Muros-Noia como un exemplo de turismo sostible

10 Decembro 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o traballo levado a cabo polos concellos da Asociación rural de desenvolvemento da ría Muros-Noia para contribuír a facer que Galicia sexa un destino máis sostible e competitivo, no marco da visita ao miradoiro do monte da Muralla, beneficiario dunha das actuacións do Plan de Sostibilidade Turística en Destino.

Nava Castro que estivo acompañada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; da alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo; do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo; e dos alcaldes de Noia e Outes, Santiago Freire e Manuel González, respectivamente, indicou que este Plan ten como obxectivo facer un destino sostible e competitivo potenciando recursos da zona, e fomentando novos produtos que axuden a desestacionalizar e diferenciar a oferta turística centrados na gastronomía e o turismo activo, aproveitando tamén as condicións da ría para a práctica deportiva.

Este proxecto, para o que se destinan 2 millóns de euros engloba entre outras actuacións, ademais das melloras no miradoiro do monte da Muralla,  o reforzo da senda litoral da ría de Muros – Noia, coa apertura de novos tramos caminables e ciclables así como zonas de autocaravanas e bicicletas. Potenciarase tamén  o itinerario cultural a Santiago, apertura de tramos históricos en desuso, mellora de núcleos urbanos non litorais no itinerario (A Serra), a posta en valor e sinalización de recursos e a posta en valor do das minas de San Finx.

O obxectivo é implementar actuacións de impulso da sustentabilidade na súa tripla vertente: ambiental, socioeconómica e territorial, a fin de beneficiar tanto aos ditos destinos turísticos, como aos axentes sociais e aos operadores privados do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.