A veciñanza do Son xa pode inscribirse para participar no I Concurso de Nadal de Iluminación Exterior de Vivendas

12 Decembro 2022

O Concello de Porto do Son abriu este luns 12 de decembro o prazo para que a cidadanía se inscriba na primeira edición do Concurso de Nadal de Iluminación Exterior de Vivendas. O certame, segundo informaron fontes do Consistorio, vén con premios para as mellores tres propostas: unha cesta de Nadal valorada en 150 euros, unha cesta de Nadal de 100 euros e un lote de produtos de Nadal valorado en 50 euros.

As inscricións ficarÔn abertas até o 16 de decembro, a través da conta de correo concursoiluminacionnadal2022@gmail.com. Para participar serÔ preciso que as veciñas e veciños envíen un vídeo no que se aprecie toda a decoración e iluminación das vivendas participantes (e no caso de que o vídeo pese demasiado e non sexa posíbel adxuntalo por email deberase enviar cunha ligazón directa onde estea aloxado). PoderÔn participar neste concurso todas as persoas veciñas de Porto do Son que decorarÔn o exterior dos seus domicilios situados no termo municipal coa iluminación e/ou os motivos de Nadal (apreciÔbeis dende a vía pública). Teñen toda a información na web municipal, www.portodoson.gal.

Outros artigos

En Porto do Son xa ondea a sĆŗa cuarta bandeira verde

A Xunta recoñeceu novamente a Porto do Son polos esforzos da Administración e da cidadanía na protección da paisaxe e o patrimonio natural. Fíxoo distinguíndoo coa bandeira verde por cuarta vez consecutiva, unha insignia que coa que se premian aos concellos de Galicia...

+


Publicidade



Revista en papel



Opinión

“O falar das pedras”. LuĆ­s Celeiro

“O falar das pedras”. LuĆ­s Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que serÔ. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...