“A Fiscalía pasa páxina no caso das 23 mortes de migrantes na fronteira de Melilla”. Antón Luaces

23 Decembro 2022

Unhas 1.700 persoas chegaron á fronteira de Nador con Melilla o 24 do pasado mes de xuño. A súa intención non era saltar o valo, como xa tiña acontecido anteriormente, senon forzar as portas do posto fronteirizo de Barrio Chino, por onde se accede desde terras de Marrocos a territorio español. As persoas que tentaban chegar a España entraban deste xeito nunha rateira lanzando pedras e paus contra das forzas de seguridade de España e Marrocos, que respostaron guindando sobre eles botes de gas lacrimóxeno. Forzadas as portas do posto fronteirizo, unha avalancha de ducias de persoas foron esmagadas nunha e outra zona do control de fronteiras.

Así foron, en síntese, os feitos. Pero a lectura xudicial ven determinar que, na práctica, non pasou nada.  Ao menos para a Fiscalía, que non albisca indicio algún de delicto na intervención das forzas de seguridade españolas o 24 de xuño de 2022 na fronteira de Melilla, malia a constatación de que alí morreron cando menos 23 persoas.

Consecuencia: arquivase o caso e as dilixencias porque “non se pode concluir que a actuación dos axentes intervintes incrementara o risco para a vida e integridade física dos migrantes, polo que non se lles pode imputar un delicto de homicidio imprudente”. É a conclusión que tira o Fiscal no seu escrito.

Ben entendido: non debeu pasar nada na raia de Melilla. Ningún dos axentes participantes no operativo, sinala o Fiscal, incluidos o responsable deste e a tripulación do helicóptero que sobrevoou a zona da avalancha tiveron coñecemento desta “e das súas fatídicas consecuencias”, a pesar de que a cámara da aeronave gravou o feito e o esmagamento de ducias de persoas. E ainda así, asume que os membros do operativo non souberon “en ningún momento que había persoas en situación de risco que necesitaban auxilio”.

Semella que nen siquera así se lles podería ter prestado auxilio “sen risco para eles”. E avalía a Fiscalía os 470 rexeitamentos na fronteira (ou devolución en quente) realizados pola Garda Civil “coa decisión necesaria, e sen demora”. O Defensor del Pueblo coida que a devolución desas 470 persoas a Marrocos non se axustou á legalidade, e pediu explicacións sobre a falta de asistencia médica aos feridos.

Segundo se informa, a Garda Civil centrou os seus esforzos na contención dos centos de persoas que acadaron entrar en Melilla. Mentres que a policía marroquina foi a encargada de despexar o lugar de feridos e mortos. Os axentes de Marrocos mallaron e apilaron as vítimas nunha esplanada na que permañeceron sen asistencia médica un mínimo de tres horas.

O posicionamento da Fiscalía non se pode entender como que se despexan as dúbidas que ainda existen en relación coa actuación policial a un e outro lado do valo e tampouco se desbota a posible existencia dunha vítima na zona española do recinto, cuestión esta na que non entra a Fiscalía,. Que abriu dilixencias o 28 de xuño ante a trascendencia e gravidade dos feitos que poderían afectar aos dereitos humanos e dereitos fundamentais, na opinión da exfiscal xeral, Dolores Delgado.

Outro caso sen resolver.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...