A Federación Galega de Confrarías reelixe a Pérez Sieira, patrón maior de Ribeira

24 Decembro 2022


O patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira, continuará outros catro anos máis á fronte da Federación Galega de Confrarías de pescadores.

Este venres, as directivas das confrarías galegas han elixido de novo a Pérez Sieira para encabezar a federación que engloba ás organizacións de pescadores e mariscadoras de toda Galicia. Así, o máximo responsable dos pescadores do principal porto da comarca do Barbanza continuará ata 2026 nun cargo ao que accedeu por primeira vez en 2018.

Si hai cambios nas dúas vicepresidencias da federación, ás que acceden o patrón maior de San Cibrao (Lugo), Javier Sánchez, que ocupará a Vicepresidencia Primeira, e o patrón maior de Raxó (Pontevedra), Yago Tomei, que exercerá de número tres.

Coa elección da nova cúpula da federación autonómica, as confrarías galegas completan o seu proceso de renovación interna, que celebrou as súas terceiras eleccións unificadas a finais do mes de outubro.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...