A Deputación da Coruña convoca a sexta edición do concurso Quero Cantar

26 Decembro 2022

Coa finalidade de promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, amais de visualizar estes talentos nas redes, a Deputación da Coruña convocou a cuarta edición do Concurso Quero Cantar de música infantil e xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes de participación rematará o 15 de marzo de 2023. O certame inclúe 6.000 euros en premios en metálico, a produción da gravación dous vídeo-clips e un completo programa formativo.

Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle.

En función das idades establécense as seguintes categorías:

Categoría A (Infantil), ata 12 anos

-Número máximo de compoñentes: 12.

-Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros.

Categoría B (Xuvenil), de 13 a 16 anos

–Número máximo de compoñentes: 12.

-Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, permítese un número indeterminado de excepcións ao límite de idade inferior, sempre que este número non chegue á metade de membros totais do grupo.

A autoría da letra e a música da canción, na dúas categorías, debe ser da persoa solista ou dos membros do grupo que a presenten.

Establécense os seguintes premios:

1º clasificado na categoría infantil

-Gravación da maqueta en estudio profesional.

-Gravación dun vídeo-clip da canción gañadora.

-Material musical (instrumentos, equipamento…) ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1500 €.

1º clasificado na categoría xuvenil

–Gravación da maqueta en estudio profesional

-Participación no programa formativo Quero Cantar 2022-2023, que inclúe unha titoría por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega para o desenvolvemento dunha canción, unha residencia do Pazo de Mariñán e un obradoiro de sonorización.

-Gravación dun vídeo-clip da canción realizada no programa formativo.

-Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 1500 €.

2º clasificado en ambas as categorías

-Gravación da maqueta en estudio profesional.

-Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 1000 €.

3º clasificado en ambas as categorías

-Gravación da maqueta en estudio profesional.

-Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 500 €

Noelia Perpetuo, pola canción Bolboreta, e Bonhomía, pola canción Veneradas obrigas foron as cancións gañadoras da pasada edición dun certame que tamén premiou a A Música das Baleas (con A peor xogada), Isma Kalo (A quen lle importa) e a Cortegadaos (Eu quero ser unha árbore).

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación. As bases están publicadas no BOP do 14 de decembro e pódense consultar e descargar na web de Quero Cantar.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.