A Deputación achega axudas aos nosos concellos para o mantemento do persoal en animación sociocultural

27 Decembro 2022

No marco do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022, a totalidade dos Concellos da nosa comarca recibiron subvencións da Deputación Provincial da Coruña de diferente contía (a partir dos 2.500 € e até os 15.000) para financiar o mantemento do persoal técnico en animación sociocultural.

A información sobre as axudas podemos atopala no BOP da Deputación. Nel fanse constar os 10.000 euros que recibe Dodro, os 15.000 da Pobra, os 10.000 de Boiro, os 15.000 de Lousame, os 15.000 de Muros, os 2.500 de Noia, os 10.000 de Outes, os 15.000 de Porto do Son, os 15.000 de Ribeira e os 10.000 de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.