“A Coruña, sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial”. Antón Luaces

06 Decembro 2022

Trece eran as cidades españolas -tres destas galegas: A Coruña, Santiago e Ourense- que optaban a seren sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia). Desde este luns, 5 de decembro, A Coruña será quen dea os pasos necesarios para que tal Axencia, pioneira en España e Europa, se ubique no centenario edificio da Terraza, actual sede da cabeceira territorial de Radio Nacional de España en Galicia e unha unidade informativa de TVE.

A Axencia centralizará formulacións para analizar os límites dunhas tecnoloxías que convertirán a cidade nun dos referente tecnolóxicos de España.

A Aesia será un organisno de supervisión de Intelixencia Artificial que se encargará -entre outros cometidos- de dar cumprimento ao previsto no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que abrangue polñiticas que dan formas estruturais  dirixidas á realización de catro obxectivos tranversais: avanzar cara unha España máis verde; máis dixital; máis cohesionada  desde o punto de vista social e territorial e máis igualitaria.

Esta formulación conleva un Pacto pola Ciencia e a Innovación, no que se inxire a Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial.    

As funcións da Axencia serán determinadas na lei que estableza a súa creación: establecemento e posta en marcha de pilotos e espazos controlados de probas; definición, organización e xestión dun marco vontario de certificación para empresas que permita ofrecer garantías sobre o deseño responsable de solución dixitais; comunicación, divulgación e formación en relación a desenvolvementos e uso da intelixencia artifical ética e confiable; coordinación de actividades de observación do impacto social da intelixencia artificial; concesión de premios; actividades de asesoramento a empresas e sector público para o desenrolo e uso da intelixencia artifical; apoio no desenvolvemento e uso de sistemas de intelixencia artificial enerxéticamente eficientes e sustentables.

Requerirá inicialmente duns 40 empregados públicos con coñecementos técnicos en materias de tecnoloxías de información e comunicación, persoal con coñecementos relativos ao funcionamento da Administración, xurídicos e desenrolo normativo; persoal con experiencia en mecanismos de acreditación e certificación, así como na aplicación de marcos de seguridade de produtos; persoal de asesoría xurídica e experiencia en comunicación e visibilidade externa, de apoio administrativo e técnico.

A sede ocupará una espazo de aproximadamente 400 metros cadrados ed outgro que acubille aos pilotos que se poñan en marcha desde a Axencia. Esta non entrará en funcionamento antes de xuño de 2023.

A facturación anual das empresas do sector das TIC supera os 2.640 millóns de euros, e o 30% dos traballadores deste eido teñen a súa residencia na propia cidade (unas 57.000 persoas). A maior porcentaxe das compañías deste sector -o 25% do total- están asimesmo radicadas no municipio coruñés, e máis dun cento de empresas da área traballan neste momento na intelixencia artificial.

A decisión gubernamental de ubicaf na Coruña esta Axencia da un complemento de eficacia ao devir de Galicia no eido da intelixencia artificial.

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...