A condutora do accidente mortal de Palmeira condenada por homicidio doloso

23 Decembro 2022

Despois de varios días de xuízo, o xurado chegou a un veredicto por unanimidade. Condenan por homicidioo doloso á muller polos feitos acontecidos en maio de 2019, cando ía circulando ebria pola estrada que une os municipios coruñeses de Ribeira e A Pobra do Caramiñal e chocou contra o vehículo dunha parella de Palmeira, causando a morte a ambos.

O xurado non chegou a unha conclusión na súa primeira reunión durante o pasado mércores despois de que o xuíz trasladáselles as preguntas aos membros. A Fiscalía pedía 5 anos e medios de cárcere para a muller pero a acusación particular elevaba a pena a 12 anos e medio. O xoves o xuíz devolveu ao xurado o seu veredicto ao atoparse con contradicións e defectos de forma. Queda esperar á sentenza para ver cantos anos a acusada pasará finalmente no cárcere.

“Oxalá me morrese eu”
Durante a celebración da vista esta semana a muller pediu perdón ás familias das vítimas, Abraham Muñiz e Sara Lampón, sinalando que “oxalá me morrese eu”. Na súa declaración insistiu que non lembraba que pasara no momento dos feitos, e que non ía ebria, aínda que si admitiu tomarse unhas “tres copas de viño” unhas horas antes e atoparse mal ao chegar ao seu domicilio.

Foi entón cando, mareada e aínda molesta, colleu as chaves do seu vehículo particular para ir ata o centro de saúde. No xuízo afirmou que tiña receitados varios anti depresivos e outros fármacos prescitos polo seu psiquiatra aínda que non lembraba que lle advertise que non se podían tomar con alcol. Esta afirmación foi contestada durante a vista, na o que os peritos mostraron documentación que indicaba claramente a necesidade de abstinencia.

A muller tamén sinalou que non lembraba detalles do accidente e que, ao espertarse no hospital, os seus achegados negáronse a dicirlle nada. Acabaron contándolle que faleceran outras dúas persoas e naquel momento “tentei tirarme pola xanela e me sedaron”, testificou a acusada.

Tras o accidente acabou mudándose de Ribeira a Madrid, xa que se vía sometida a un “acoso” por parte dos seus veciños. “Chamábanme asasina e o meu psiquiatra axudoume a recoñecer que fora un accidente, non que fose unha asasina”, explicou #ante o xurado.

Reconstrucción do accidente realizada o 24 de setembro de 2019

As testemuñas
Durante o xuízo o xurado popular puido oír a versión dos feitos de veciños da zona, así como de peritos e policías que acudiron ao lugar. Unha das testemuñas afirmou que vira á acusada conducindo erroneamente e invadindo o carril contrario a gran velocidade.

Esta veciña estaba tamén no seu coche e afirmou que a situación lle xerou “tanto medo” que optou por parar nun establecemento comercial para que a acusada excedéselle. “Tiña medo que viñese sobre o meu, porque saía todo o intre cara ao carril esquerdo”, dixo.

Outras testemuñas da zona contrastaron a súa versión, indicando que pasou a gran velocidade por un dos pasos de peóns. “Case nos embiste”, dixo unha veciña #ante o xurado.

Pola súa banda, os médicos forenses afirmaron que a acusada era plenamente “consciente do que facía” no momento dos feitos, e sabía que non podía mesturar alcol coa medicación que estaba a tomar. No seu historial psiquiátrico , a forense destacou que “toma alcol desde a súa infancia” e realiza consultas “irregulares”, así como pouca constancia na súa medicación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.