A cidadanía de Dodro (crianzas, adolescentes e maiores) xa pode inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais 2022-23

13 Decembro 2022

O Concello de Dodro compartiu os detalles da nova edición (2022-2023) das Escolas Deportivas Municipais, que teñen aberto o prazo de inscrición a partir deste martes 13 de decembro (até o 9 de xaneiro) e que inclúen actividades para crianzas e persoas maiores. Porén, o Concello fai saber que o prazo de inscrición no ximnasio municipal é continuo e está aberto todo o ano.

As actividades para nenas e nenos son as seguintes: psicomotricidade, multideporte, patinaxe, baile deportivo, iniciación ao fútbol (CD Dodro) e Judo (ANPA de Dodro). Para a rapazada de máis de 15 anos o programa inclúe ximnasia de mantemento, pilates, zumba e jumping fitness. E para maiores de 65 anos e con mobilidade reducida a axenda vén con cursos de psicomotricidade e tonificación. As Escolas Deportivas de Dodro son organizadas polo Concello e terán o seu centro de operacións no Pavillón Polideportivo Municipal, coa colaboración da ANPA de Dodro, a Deputación da Coruña e o Club Deportivo Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.