A campaña de descontos AmaRibeira virá con 8.500 bonos de desconto de 30 euros

02 Decembro 2022

O Concello de Ribeira informou este venres 2 de decembro dos detalles da nova edición (a segunda fase) da campaña de descontos AmaRibeira, que se activa formalmente a partir da medianoite do sábado 10 de decembro, poñendo a disposición da veciñanza do municipio un total de 8.500 bonos de desconto de 30 euros que se poderán utilizar o 31 de xaneiro de 2023. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez, presentaron este venres 2 de decembro os datos dunha iniciativa, dirixida, sinalaron, “a estimular a actividade no comercio e a hostalería local durante este Nadal”.

O alcalde fixo balance dos resultados da primeira fase, que foron “magníficos”, dixo, e na que se ofreceron 6.666 bonos que se traduciron en 158.000 euros aportados polo Concello e xeraron un volume de negocio superior aos 750.000 euros: a razón de 4,5 euros por cada euro de desconto. Estes datos extrapolados á edición actual, na que a partida destinada é de 255.000 euros (55.000 máis que en 2021), “isto podería implicar que a campaña AmaRibeira podería mover a nivel local en torno a 1,2 millóns de euros, sendo os beneficiarios aproximadamente un terzo da poboación de calquera idade”, salientou o rexedor, engadindo que a mecánica para utilizar os bonos e similar ao ano pasado: cada usuario disporá dun saldo de 30 € para a realización do desconto nas compras; ditos descontos serán de 10 € por cada 30 € de compra mínima, ata un máximo de 30 € de desconto por persoa usuaria do bono QR.

Os negocios que se queiran adherir xa poden facelo a través da páxina web amaribeira.gal, onde poden acceder a toda a información necesaria (o prazo remata coa finalización da execución dos bonos). Ademais, o vindeiro venres 9 de decembro desenvolverase unha xornada formativa dirixida aos comerciantes.

Francisco Martínez Gude, en representación da Asociación de Empresarios de Ribeira, puxo en valor “a magnífica colaboración entre a Asociación de Empresarios e o Concello” e resaltou outras iniciativas en marcha cara a este Nadal, como é o caso dos vales a utilizar nos parkings, que se duplican pasando de 5.000 a 10.000 unidades.

Outros artigos

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...