A axenda festiva de Dodro chega este venres a un dos seus puntos álxidos coa Algueirada de Nadal

22 Decembro 2022

O Concello de Dodro achega un completo programa de propostas para este Nadal, actividades que poñen o foco na cultura, os deportes, a solidariedade e a participación. A axenda, elaborada polos departamentos de Cultura, Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais, activouse este 20 de decembro (de 10.00 a 14.00 horas) coa visita do Apalpador ao CRA de Dodro (as escolas agrupadas de Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrobe) e prosegue este venres 23 coa Algueirada de Nadal, no Pavillón de Deportes a partir das 17.00 horas. Trátase dun espectáculo de animación musical para o público familiar, influído na Rede Cultural da Deputación, e que inclúe a visita de Papá Noel, inchábeis e obradoiros infantís.

O día 5 de xaneiro, o concello recibirá a visita das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, a partir das 17.00 horas no Pavillón de Deportes. Haberá animación musical, agasallos, lambetadas e moita diversión. O día 8 está programada unha gala solidaria cunha actuación musical para recoller alimentos e axudar ás familias con menos recursos. O festival benéfico de Dodro dará comezo ás 17.00 horas, na igrexa de San Xián de Laíño.
Ademais, o día 9 de xaneiro iníciase o segundo semestre das Escolas Deportivas Municipais, no Pavillón de Deportes (inscricións abertas o día 13), que inclúen actividades infantís, para maiores de 15 anos e para a poboación sénior do concello e persoas con mobilidade reducida.

En xaneiro tamén comezan os obradoiros de envellecemento activo e de memoria para maiores de 55 anos. Será nos locais municipais en Traxeito, Lestrobe, Imo, Tallós, Teaio e Bexo.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

110 persoas participaron na ruta rosaliana As Pegadas de Rosalía

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en...

+

O 12 de outubro celébrase a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe

O vindeiro 12 de outubro o Concello de Dodro organiza a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe. Segundo fixo saber o Concello, as persoas participantes das categorías de base terán distintos circuítos en función da súa idade. As categorías absolutas disputarán un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión