A axenda de Nadal do Son vén con teatro, música, cinema, obradoiros e as visitas de Papá Noel e dos Reis Magos ás parroquias

05 Decembro 2022

A área de Cultura e Deportes do Concello de Porto do Son compartiu a súa axenda de actividades para este Nadal, un intenso e completo programa de propostas que busca satisfacer a públicos de todas as idades (poñendo o foco na rapazada, como non podía ser doutra maneira) e que salienta pola énfase na diversidade e na creatividade. “Será unha programación de Nadal para grandes e pequerrechiñxs”, sinalaron dende o Concello, destacando tamén a vontade de chegar a todas as parroquias (por exemplo coas visitas de Papá Noel e dos Reis Magos).

Damos conta da axenda, punto por punto:

-Cinema infantil. Valentina. O día 2 de decembro ás 10.30 horas na Casa da Cultura do Son.

-Prendido de luces. O 2 de decembro ás 19.00 préndese o alumeado de Nadal do concello.

-Maxia. Parece mentira, de José Rivera. O 3 de decembro ás 17.00 horas na Casa da Cultura do Son (Rede da Deputación da Coruña).

-Concerto da Banda de Música Suevia. O 8 de decembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Son.

-Musical. O mundo máximo de Pinocho, de Educa Teatro. O 10 decembro na Casa da Cultura do Son (Rede da Deputación da Coruña).

-Mercado de Nadal en Portosín. O 11 de decembro dende as 12h na praza do Curro de Portosín. Coa colaboración da Asociación de Empresarios de Portosín.

-Festival de Pandereteiras da ESMU. O 11 de decembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Son.

-Carreira SinSon10K. O 17 de decembro en Portosín. Modalidades Escolares, Inclusiva e 5K Nocturna. A maiores, Feira do Corredor. O 18 celébrase a SinSon10K en Portosín e Porto do Son.

-Concerto de Nadal do alumnado de piano da ESMU. O 22 de decembro ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Porto do son.

-Papá Noel visita Porto do Son. O 23 de decembro estará no Club Náutico de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e percorrerá todas as parroquias.

-Charanga Os Celtas. O 24 decembro.

-Obradoiros de Nadal para a cativada. Días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, máis o 2 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00 horas nas Casas da Cultura de Porto do Son, Portosín e Xuño.

-Baila en Nadal. O 28 de decembro ás 20.30 horas na Escola de Danza Municipal.

-Inchábeis para a cativada. O día 29 de decembro ás 17.00 horas no Pavillón de Santa Irene.

-Charanga Os Roubabicos. O 31 de decembro.

-Os Reis Magos visitan Porto do Son. O 5 de xaneiro as súas maxestades percorrerán as parroquias e ás 18.10 horas comezará a Cabalgata Real na fachada marítima de Porto do Son acompañados da ruada A Raíña do Nadal de Pablo Méndez Performances.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.