A axenda de Nadal de Dodro inclúe actividades para a rapazada co Apalpador, Papá Noel e Os Reis Magos

14 Decembro 2022

O Concello de Dodro compartiu o seu programa de actividades para este Nadal, unha listaxe de propostas que pon o foco na cultura, os deportes, a solidariedade e a participación. A axenda, elaborada polos departamentos de Cultural, Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais, ábrese o día 20 de decembro (de 10.00 a 14.00 horas) coa visita do Apalpador ao CRA de Dodro (as escolas agrupadas de Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrobe).

O día 23 está prevista unha algueirada de Nadal, no Pavillón de Deportes a partir das 17.00 horas. Trátase dun espectáculo de animación musical para o público familiar, influído na Rede Cultural da Deputación, e que inclúe a visita de Papá Noel, inchábeis e obradoiros infantís.

O día 5 de xaneiro, o concello recibirá a visita das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, a partir das 17.00 horas no Pavillón de Deportes. Haberá animación musical, agasallos, lambetadas e moita diversión. O día 8 está programada unha gala solidaria cunha actuación musical para recoller alimentos e axudar ás familias con menos recursos. O festival benéfico de Dodro dará comezo ás 17.00 horas, na igrexa de San Xián de Laíño.
Ademais, o día 9 de xaneiro iníciase o segundo semestre das Escolas Deportivas Municipais, no Pavillón de Deportes (inscricións abertas o día 13), que inclúen actividades infantís, para maiores de 15 anos e para a poboación sénior do concello e persoas con mobilidade reducida.

En xaneiro tamén comezan os obradoiros de envellecemento activo e de memoria para maiores de 55 anos. Será nos locais municipais en Traxeito, Lestrobe, Imo, Tallós, Teaio e Bexo.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...