A axenda cultural de Rianxo chega ao ecuador de decembro con música, literatura e celebracións do Nadal

10 Decembro 2022

A Área de Cultura de Rianxo compartiu a súa axenda de actividades para a terceira finde de decembro, un programa variado de propostas que xira arredor do Nadal e que tamén ten como protagonistas a música e a literatura rianxeiras. Na axenda tamén teñen cabida as accións organizadas dende outras entidades culturais con presenza no termo municipal.

Venres 16 de decembro

19.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Concerto A arte do piano, polo alumnado da profesora Ilona Timchenko, organizado pola entidade Peregrinos Musicais (Santiago de Compostela) en colaboración co Centro Superior de Música de Galicia (Valga), a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo .

21:00 h – Auditorio de Rianxo – Salón de Actos. Presentación do manifesto Máis Alá – Manoel Antonio e Álvaro Cebreiro. Estudio introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souza. con Xosé Luís Axeitos (Académico da RAG, profesor e investigador), Xosé María Dobarro (profesor, investigador e coeditor literario do libro), Xesús Torres Regueiro (historiador, investigador e coeditor literario do libro), Miguel Toval (Edicións Embora) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Sábado 17 de decembro

20.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo . Entrada de balde. Retirada de convites a partir das 19:30 h.

Domingo 18 de decembro

11:30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. 1ª sesión, coa participación do alumnado das aulas de piano, violín, violonchelo, contrabaixo, guitarra, baixo eléctrico e combo infantil. A segunda das sesións será o venres 23 de decembro, ás 20:00 horas, co resto das aulas instrumentais de vento, percusión e de iniciación musical.

19:00 h – Auditorio de Rianxo – Salón de Actos. Charla – coloquio Rianxo e Padrón na tradición xacobea, a cargo de Manuel Garrido, xornalista e investigador. Actividade organizada no marco do Ciclo de Charlas A Orixe, promovida pola Asociación Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe, a Mancomunidade de Concellos Barbanza Arousa e a colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.