A Aula CEMIT de Ribeira promove durante este nadal dous cursos para a rapazada

08 Decembro 2022

A Aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida durante estas festas de Nadal dous cursos destinados á rapazada, ambos entre os días 26 de decembro e o 5 de xaneiro.
O primeiro deles, titulado “Iníciate na informática”, está dirixido a nenos e nenas de 7 a 10 anos e terá lugar entre as 10 e as 11.30 horas. Nel os asistentes poderán aprender a navegar por Internet, animar as súas fotos, escribir ou debuxar a través dun ordenador.
O segundo, que terá lugar de 12 a 13.30 horas, terá por título “Inicio á edición de vídeo” e terá como usuarios a rapaces e rapazas de 11 a 15 anos, que aprenderán a montar un vídeo con Kdenlive.
As inscricións, gratuítas, abrirán o vindeiro luns 12 de decembro, podéndose formalizar vía web a través de https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.