A AEP e a Comunidade de Montes de Goiáns volverán replantar os abetos naturais de Nadal que adquira a veciñanza

01 Decembro 2022

A Asociación de Empresarios de Portosín (AEP) e a Comunidade de Montes de Goiáns uniron forzas un ano máis (logo das experiencias positivas do Nadal anterior) para traballar por unhas festas de Nadal máis ecolóxicas, sustentábeis e racionais. Froito desta colaboración farase unha replantación de todos os abetos naturais que adquira a veciñanza. A iniciativa Un Nadal máis sostible ten tamén un importante apoio en Agrícola Rodríguez, onde se poden mercar abetos naturais chamando ao teléfono 619 689 686. A xeito de remate, o día 8 de xaneiro ás 16:30 h, haberá unha quedada diante da igrexa Parroquial de San Sadurniño de Goiáns, para ir ata a parcela habilitada pola Comunidade de Montes e reforestar os abetos.

Outros artigos

En Porto do Son xa ondea a súa cuarta bandeira verde

A Xunta recoñeceu novamente a Porto do Son polos esforzos da Administración e da cidadanía na protección da paisaxe e o patrimonio natural. Fíxoo distinguíndoo coa bandeira verde por cuarta vez consecutiva, unha insignia que coa que se premian aos concellos de Galicia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...