“Váise o avó do xornalismo galego, ven o tren da esperanza”. Antón Luaces

18 Novembro 2022

Permita o lector que, en falando dun asunto que considero de interese xeral para os galegos, faga referencia tamén a algo específicamente da profesión que un, malia ser xa un xubilado, leva dentro dende vai 59 anos. Porque o xornalismo non se fai vello e as engurras que colecciona non son outra cousa cas marcas co tempo nos deixa no exercicio da profesión-vocación.

Nos meus anos de exercicio xornalístico en radio e prensa escrita -con algún escarceo televisivo- vin morrer non poucos xornais, o primeiro deles “El Pueblo Gallego”, e algunhas emisoras de radio de radio -a primeira “La Voz de Ferrol” (se non me trabuco)- . Non é menos certo que tamén tiven a oportunidade de ver nacer e medrar e asimesmo morrer ao pouco de nacer xornais e estacións radiofónicas en Galicia e moito outros lugares desta España branca, desta España nosa, que dicía a tristemente desaparecida Cecilia .

Agora, cando podemos escribir na casa sen necesidade de acudir á redacción, chega a nova -agardada, certamente- da decisión do Xulgado número 2 do Mercantil da Coruña, de adxudicar en subhasta pública o xornal El Correo Gallego, con sede en Compostela, a Prensa Ibérica, cadea propietaria de 25 xornais impresos e dixitais (entre estes os galegos Faro de Vigo e La Opinión-A Coruña) que acadan diariamente a atención de 1,7 millóns de lectores en varias provincias españolas. Para o Xulgado, Prensa Ibérica garante a continuidade da entidade e o cobro das débedas aos acreedores. Entre estes un bo número de traballadores do medio. El Correo Gallego existe dende o ano 1878 e agora ten asegurada, ao parecer,  a súa continuidade. Oxalá sexa coa participación na súa nova andaina de compañeiros que aguantaron o indicible pola pervivencia do seu medio de traballo pero, ao mesmo tempo, dun medio de comunicación que forma ,parte da historia, E, substancialmente, loitaron  -loitan aínda- polo seu posto de traballo e o salario que lles corresponde e que, segundo se dí, alguèn lles furtou con  malas artes impedindo que estes e os seus comeran cada día como, probablemente, facían aqueles que xogaron co futuro dun xornal e os xornalistas, así como os traballadores  todos dese benquerido medio no que tiven a grandísima ocasión de compartir en dúas etapas distintas a posibilidade de recibir orientación, ensino, de homes da categoría humana e profesional de Juan María Gallego Tato e o que foi o seu inseparable José Manuel Rey Nóvoa (con quen o xornal e máis a radio e a televisión da compañía pechan desgraciadamente, un moi importante ciclo), Pepe Couselo, os Pousa, Caetano Díaz, Xosé Luís Gómez, Xavier Navaza, Ángel Orgaz, as xeracións de xornalistas das máis coñecidas familias do mundiño da información como os Alvite.

Un xornal de 144 anos -co que festexei en 1978 o seu primeiro centenario nunha romaría celebrada  a carón do río co propietario da empresa editorial, Feliciano Barrera, e todos os compañeiros daquel tempo- que naceu en Ferrol da man, entre outros, dun insigne mariño, e que hoxe é tan compostelano como a Berenguela malia ter perdido o seu icónico lugar no Preguntoiro.

Prensa Ibérica xa é o propietario da cabeceira dun xornal que foi bandeira en Santiago e contorna, do mesmo xeito que o foi da comarca do Barbanza onde Antonio Ben-Rey Regueira “Ferio”, debuxaba cada día a actualidade desta zona e, especialmente, de Ribeira.

Agora toca remar nun que, necesariamente, debe ser nova lancha, gamela ou dorna, para navegar nas sempre procelosas augas do xornalismo, navegación na que lle desexo a millor singradura.

Boa proa, El Correo Gallego, compañeiros de tantas cousas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...