“Unha muller comprometida” – José Manuel Pena

14 Novembro 2022

Non sabía dicir que non. Sen proporllo, a maior parte da súa vida dedicouna ao servizo dos demais. Era propietaria de varios bens inmobles e acollía ás persoas que non tiñan onde morar, converténdoos en auténticos fogares para os seus habitantes. Aproveitaba o seu local de hostalería para que ninguén quedase sen un prato de comida quente que poder levar á boca. Os sen teito e con escasos recursos sabíano e non deixaban de visitala asiduamente. Eran outros tempos e a asistencia social non estaba tan enraizada entre a poboación.

Unha muller moi comprometida coa súa contorna máis próxima. Con poucos medios era quen de cubrir as necesidades básicas de moitas familias, como ofrecerlles alimentos, un teito e moito agarimo. Era consciente de que todas esas persoas non tiñan culpa de nada eran simplemente vítimas das circunstancias. Sempre consolaba ao que ía en busca de axuda. Alegre e riseira, transmitía ilusión ao triste e ao abatido. Non era unha muller da súa época e xa pensaba en articular medidas para poder axudar a máis xente que o necesitaba, pero non tivo tempo.

Viviu para os demais, nada pedía para ela. Foi feliz mentres puido axudar e os últimos anos da súa vida mantívose afastada do mundo exterior, dedicándose completamente ao coidado do seu marido enfermo. Algún dos seus fillos aínda se chegan a emocionar cando lle falan do labor solidario da súa nai, pero xa ninguén seguirá os seus pasos. Que descanse en paz, alí onde se atope, e que podamos seguir o seu exemplo.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.