“Unha lei para os que non respectan os dereitos dos demáis: só o sí é sí”. Antón Luaces

30 Novembro 2022

Dende vai tantos anos como os transcorridos entre a aparición no panorama político español do partido VOX que preside Santiago Abascal e a sesión de control ao Goberno celebrada este mércores no Congreso dos Deputados, constato unha outra vez que o hemiciclo está integrado por uns señores e señoras que converten o Parlamento Nacional nunha casa de garatuxeiros aos que nen sequera se lles deberan  pagar os emolumentos que, en mala hora, lles corresponden.

Non  vou dicir que todos son iguais, porque sería mentirme a min mesmo. Hai diferenzas. E as máis notables figuran, seguro, no libro de actas da que sempre se dixo era a Casa das Palabras e que as novas xeracións de deputados están a converter na casa das broncas e o ruído.

Voto en falta, tanto no Congreso coma no Senado, o sentido, o respecto, o coñecemento do que e o por que do que se dí por parlamentarios da categoría e condición de Felipe González, Manuel Fraga, Santiago Carrillo, Alfonso Guerra, Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón, Adolfo Suárez, Leopoldo Calvo Soteio, Joaquín Abril Martorell e tantos outros que deixaron a súa pegada de bonhomía e o seu saber ser nos escanos que ocuparon cando España comezaba unha andaina democrática que para sí quixeran os parlamentarios de hoxendía.

A lei do “só o sí é sí” foi o epicentro da sesión parlamentaria deste mércores que se pretendía fose de control parlamentario ao Goberno. Son motivos todos os expostos nesta sesión para dubidar do valor que se lle recoñece a ese templo da palabra no que, en teoría, todos os intervenientes teñen presente, como mínimo, o saber dicir dos que, coma eles, tamén foron “pais da patria”, aqueles con máis xorne, inmensamente máis, cos actuáis, máis dados á patuletada de galiñeiro que á necesidade de lexislar con tino e tirar beneficio do que se debate,

Os escanos son, en mala hora, un poleiro no que elas e eles, deputado electos, só falan por non estaren calados ou empregar moi baixos recursos para faceren valer os seus e non ter en conta os dos demáis.

A bronca e o ruído máis absurdos xogaron este mércores o máis bochornoso papel, máximo cando a ministra de Igualdade, Irene Montero, acusou ao PP de promover a que denominou “cultura da violación”, intervención que nen sequera mereceu o apoio do grupo maioritario dos seus compañeiros de Goberno,

Non foi para isto para o que os deputados -elas e eles- foron elixidos polos cidadáns españois con dereito a voto.

Irene Montero tería gañado moito máis permanecendo calada. O mesmo penso da deputada conservadora Cuca Gamarra, que está a deixar en bo lugar a quen, ata non vai moitos meses, foi voceira do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, XV marquesa de Casafuerte, cuxo papel na mesma portavocía non foi, certamente, o máis lucido.

Núñez Feijoo debería pensalo dúas veces antes de manter a Gamarra nese posto de voceira. E o mesmo terían que facer os responsables de Unidas Podemos.  

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...