Unha ducia de mozas participaron no obradoiro de debuxo urbano ofrecido por Servizos Sociais de Ribeira

15 Novembro 2022

Logo de dúas datas de paréntese polo mal tempo, retomouse o obradoiro gratuíto de debuxo urbano impulsado pola Concellería de Servizos Sociais, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e que estivo destinado para mozos e mozas de 16 e 19 anos. Foron en total doce as rapazas participantes nesta actividade ao aire libre celebrada o venres pasado pola tarde xunto á fábrica de salgadura da punta do Castro.

Empregando lapis e grafito acuarelábel (art graft) recrearon algunhas das vistas que dende alí se divisan baixo a guía de integrantes da escola profesional de banda deseñada e ilustración profesional de Pontevedra O garaxe hermético. Tamén estivo con elas a concelleira Ana Barreiro Rego.

Este obradoiro estase a impartir en varios concellos de Galicia co obxectivo de reivindicar a paisaxe e o entorno dende un punto de vista de concienciación ecolóxica e sustentábel. En datas vindeiras elaborarase un libro, cos debuxos realizados e os textos do escritor Manuel Lourenzo González, que se distribuirá entre as persoas que participen na actividade.

O Concello de Ribeira é socio colaborador do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dende hai mais dunha década. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia unidas pola vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades norte-sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia. Para ampliar información sobre esta plataforma pódese consultar a web www.fondogalego.gal.

Outros artigos

Bretal converterase no Roland Garros galego do 9 de maio ao 25 de xuño

Este luns 28 de abril, xusto no comezo do apagamento eléctrico presentáronse en Ribeira os detalles do IV Torneo de Tenis de terra batida A Devesa, Bretal 2025 (Somos Terra). Ao acto de presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal máis o organizador...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión