“Un só caso de acoso é inadmisible”. Olegario Sampedro

17 Novembro 2022

Irrompía nos medios o triste e aflito caso dunha moza vítima de acoso escolar. Ante estas novas un non pode máis que entristecerse. Sentir tristura, en primeiro lugar, pola amargura e o calvario sufridos pola rapaza. O abatemento aumenta ao supor que, por desgraza e agora mesmo, outros mozos e mozas estarán sendo agraviados nun acubillo do patio de recreo, aldraxados no fondo dun corredor, inxuriados no anonimato dun baño ou insultados camiño da casa. Un gravoso e inmerecido tributo que nunca e de ningunha maneira, ninguén debera ter que padecer.

É máis ca evidente que son moitos máis os episodios deste tipo que se detectan e se paralizan. Milleiros son os rapaces e rapazas que rematan o paso polas aulas sen fracturas, convertidos en xente de ben e camiño de converterse en adultos de democráticos e compactos valores. Pero un só caso de acoso non detectado é sempre unha cifra demasiado alta e unha peaxe social inadmisible.

Resulta habitual, e mesmo construtivo, que cando este tipo de sucesos transcenden á luz pública, as alarmas alumeen. Unha sociedade sensible e desenvolta non pode quedar muda diante destas situacións. Agora ben, é tamén recorrente que practicamente a única resposta social colectiva que xorde neses momentos sexa a de levantar dedos acusadores dirixidos, case en exclusiva, cara a un dos actores do elenco: os centros de ensino.

É un paradoxo que non caiamos na conta de que un neno acosador non se fragua exclusivamente baixo o teito do colexio. Educamos dende as escolas, pero tamén dende as cociñas das casas, as redes sociais, os anuncios dos famosos, os despachos dos administradores, os titulares dos xornais… Todos, sen excepción, somos axentes pedagóxicos e todos somos, por tanto, responsables da formación recibida pola nosa xuventude. Subrogar e delegar as funcións educativas da nosa rapazada exclusivamente na escola é unha visión reducionista e unha patente deserción social.

Porén, non debera asaltarnos nin a máis feble sombra de dúbida de que a prevención das condutas antisociais ten que ser a resulta dunha empresa colectiva e dunha misión combinada. Sen excepcións nin fisuras, debéramos ter ben presente que a única ruta para garantir que a nosa mocidade chegue a bo porto é que todos nós asumamos que somos os mariñeiros do barco que a transporta. Tirarnos pedras só nos levará ao irreversible e desolador afondamento da nave. Olegario Sampedro. Presidente do IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira)

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...