Miguel Álvarez.-Un Rotogal Boiro Voleibol nutrido dos seus xogadores da base plántalle cara ao Melilla Sport Capital
Unha gran versión do Rotogal Boiro Voleibol vendeu moi cara a derrota na Cachada #ante o Melilla Sport Capital, o vixente subcampión da Superliga. A pesar das baixas de Gaby do Carmen e Martín Casais, cun equipo repleto de xogadores formados na base, os de Emilio Palacio callaron un moi bo partido e puxeron en xaque aos norteafricanos, que aplicaron o seu poderío físico e as rotacións para anotarse a vitoria por 0-3.
No primeiro set, o Rotogal Boiro Voleibol colocou as bases do seu rendemento. Cunha gran defensa,
amarrouse ao choque. O Melilla Sport Capital non acabou de marcharse no marcador ata que, no tramo final do parcial, asinou un 20-25 a favor.
O segundo set foi de alternativas. Os norteafricanos chegaron a tomar unha lixeira vantaxe no marcador, pero o Rotogal Boiro Voleibol elevou o nivel competitivo para encarar o tramo final da manga co electrónico de fronte. Con todo, a contundencia dos visitantes resultou determinante no desenlace (20-25).
O técnico do Melilla Sport Capital afirmou tras o partido que, no caso de que todos os equipos da Superliga xogasen coas súas filiais, o Rotogal Boiro Voleibol proclamaríase campión. Os de Emilio
Palacio mantiveron o nivel competitivo, pero non puideron rabuñar o terceiro set, no que cederon
por 18-25.
O Concello de Boiro completa pavimentados no centro urbano e en Vista Alegre, Currillo e Cubelo
O Concello de Boiro está a levar a cabo a renovación de pavimentos en varias rúas do núcleo urbano e tamén na contorna do complexo deportivo de Vista Alegre, en Cubelo e no Currillo. En total destínanse 65.927 euros de fondos propios para este plan de renovación de...