Trenor visita en Noia as tendas beneficiadas co programa EMEGA de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino

28 Novembro 2022

Noia acolleu este luns 28 a visita do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen visitou os establecementos beneficiarios da orde de axudas do programa EMEGA de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino que apoiará na comarca do Barbanza a creación de 19 novos postos de traballo cun investimento de máis de 137.000 euros. Trenor estivo acompañado na súa estadía en Noia polo alcalde Santiago Freire a concelleira de Comercio e Deportes, Laura Salgado.

Segundo fixo saber o delegado, a convocatoria deste ano para este programa contou cun “orzamento histórico” de case 4,4 millóns de euros (un 34% máis que o ano pasado), co que a Xunta prevé outorgar 275 axudas, un 18% máis que en 2021, no que se concederon 234.

Ademais, dixo, “o crédito da convocatoria experimentou na anualidade 2022 un incremento significativo, co obxectivo de ofrecer o maior volume de recursos para favorecer a iniciativa empresarial das mulleres e brindarlles maiores oportunidades para diminuír as fendas de xénero”.

O programa EMEGA comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Tamén medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

A contía dos apoios vai dos 8.000 euros por beneficiaria aos 42.000 en función da liña solicitada e do número de postos de traballo creados ou mantidos para mulleres de carácter indefinido. A estas contías engadiríase, de ser o caso, a axuda complementaria da liña Concilia, que oscila entre os 3.000 e os 5.000 euros.

Para resultar beneficiarias de EMEGA, as mulleres emprendedoras teñen que liderar unha microempresa ou pequena empresa validamente constituída e domiciliada en Galicia. Entre outros requisitos, deben manter vinculación laboral co proxecto que, á súa vez, ten que ser viable económica, técnica e financeiramente.

O pasado 2021 o programa permitiu apoiar a cifra de 234 iniciativas empresariais de mulleres e a creación de 272 novos postos (158 por conta propia e 114 por conta allea) de mulleres, así como o mantemento doutros 240.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.