Talía Teatro leva o seu espectáculo Voa, Voa á Casa da Cultura de Boiro

23 Novembro 2022

Este 25 de novembro a Casa da Cultura de Boiro vai acoller este venres 25 de novembro o espectáculo Voa, voa!, unha representación teatral para público infantil e familiar de Talía Teatro. Será a partir das 20.00 horas. As entradas poderán obterse no mesmo día da función a partir das 19.00 horas.

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Os protagonistas son Xoana, unha nena que baixa ao parque todas as tardes despois de merendar, e máis Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lonxe”. Xulio Xiz

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.