Suma Ribeira anuncia que manterá o seu rexeitamento aos orzamentos por “falta de diálogo”

28 Novembro 2022

Suma Ribeira emitiu un comunicado no que explica os porqués do seu rexeitamento aos orzamentos do Goberno local. Segundo fai saber a agrupación, a “falla de diálogo” e a “estratexia de encerrona política aos grupos da oposición” son os principais motivos da súa postura. En concreto, o grupo critica ao equipo de Goberno “por facer chantaxe e ter baixa estima pola democracia, ao vencellar a aprobación dos orzamentos co futuro da nova RPT, do convenio laboral e da carreira horizontal das persoas traballadoras do concello”. Suma Ribeira di que “o Executivo local no contou co nós para elaborar as contas, incumprindo ao longo deste ano todas as iniciativas aprobadas e deixándoas sen orzamentar cando son temas irrenunciábeis para Suma Ribeira e a veciñanza: transparencia, accesibilidade e e mobilidade”.

Xurxo Ferrón, portavoz de Suma Ribeira

Dende Suma Ribeira pregúntanse os porqués de “que se tivese chegado a esta situación logo de todo un ano no que se sabía que había que aprobar a dita RPT e logo de todo este tempo, tamén, no que non se desenvolveu ningunha das medidas propostas por esta formación política, nin siquera as que foron aprobadas en pleno, ou as obras de mellora comprometidas a cambio de votar a favor do Plan da Deputación”. E engaden: “Remata unha lexislatura caracterizada polo ninguneo aos grupos de oposición e os reiterados incumprimentos por parte do equipo de Manuel Ruiz dos temas irrenunciables para Suma Ribeira, como a transparencia, os orzamentos participativos e a atención á mobilidade e á accesibilidade; eixes centrais do noso compromiso coa sociedade, que tamén están ausentes dos orzamentos agora presentados, de aí que non atopemos xustificación política algunha ante os nosos electores para votar a favor cando se volvan traer a pleno, previsiblemente na sesión ordinaria de hoxe”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...