Rianxo enche novembro de actividades de rexeitamento á violencia contra as mulleres

17 Novembro 2022

O Concello de Rianxo compartiu a súa axenda de actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, o 25-N. O programa de accións, que xa comezou, é un programa con múltiples propostas complementarias, todas elas co nexo común de berrar NON ás agresións machistas.

As actividades iniciáronse o primeiro xoves de novembro, cos obradoiros impartidos por Baia Fernández dirixidos á poboación rianxeira baixo o epígrafe A Rabia, como facer que sentila non me magoe. Nel, mais de 20 mulleres reúnense os catro xoves de novembro e a través de tres vías de aprendizaxe; mental, emocional é física, buscan a integración dá emoción na súa versión mais funcional e sa.

Amais, o luns 7, no CEIP Ana María Diéguez de Asados, o alumnado de 6º de Primaria, puido participar nun obradoiro sobre Marketing e Violencia de Xénero. Fixérono coa presencia da escritora María Lado, analizando diferentes campañas anti-agresións e crearon lemas para vindeiras campañas do 25-N.

A maiores, este luns 14 de novembro deron comezo os talleres de Saúde e Vida para mulleres embarazadas ou en postparto e as súas familias, nas que se abordan os cambios non só físicos, senón emocionais, psicolóxicos e da propia identidade que se dan durante o embarazo, parto e posparto. Ao abeiro desta actividade tamén se pretende poñer os coidados no centro do foco, e a maternidade e crianza coma a base da sociedade na que vivimos. Ao mesmo tempo búscase xerar unha rede informal entre mulleres, crianzas e familias dende o respecto e a valoración da diversidade. Levaranse a cabo todos os luns de 17:30 a 19:30 ata finais de decembro, na Biblioteca Municipal, impartido por Natalia Guedella.

O xoves 17 de novembro, a Asociación Avoar, na casa de Rafael Dieste, retomará o proxecto de Pingas de Luz. Nel presentarase publicamente o proxecto de recollida e visibilización de feitos concretos de violencias de xénero en distintos eidos sociais. Posteriormente decidirase o lugar onde materializar fisicamente algunhas dás pingas.

O 23 de novembro o instituto I.E.S Felix Muriel participará na campaña De Fronte da Deputación dá Coruña, nunha ciberquedada na que Priscila Retamozo, dende ou IES Rosalía Mera da Coruña, moderará a actividade. Até unha vintena de centros de Secundaria da provincia seguirán a cita dende a canle de You Tube da Deputación e participarán a través do chat público baixo a supervisión do profesorado. Retransmitiranse 3 micro-vídeos que versarán sobre a violencia dixital.

O xoves 24 de novembro, as 19:30, na Casa de Rafael Dieste, Esperanza Mara impartirá un obradoiro, no que se traballará a violencia de xénero a través dás voces, das historias dos e das participantes así como de libros de referencia, convidando coa aprendizaxe das características da nosa propia voz e de metáforas. Asemade gravarase un vídeo do encontro para poder darlle visibilidade e colaborar ca estratexia de mercadotecnia para a propia idea do encontro. Posteriormente o 15 de decembro, terá continuación.

O 26 de novembro, tras a Andaina en Negro, contra as violencias machistas, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, as 13:00 expoñerase un manifesto na praza de Castealo por Esperanza Mara, no que mesturará a lectura co canto e a continuación A Banda da Loba interpretará a súa función Xabón Lagarta.

O 29 de novembro, as 17:30, no Auditorio Municipal, a Asociación Andaina impartirá unha charla sobre Suicidio e Xénero .

O 30 de novembro, no exterior do C.E.P. Xose Mª Brea Segade, pintarase un mural con técnica mixta (fotografía e pintura), relacionado coa violencia machista por Neves Seara e Verónica Ramilo.

As actividades rematarán o xoves 1 de decembro, as 20:00 no Auditorio de Rianxo, coa proxección do documental Onde mais doe, de Xamalú Filmes, dirixido por Manane Rodríguez. Este audiovisual narra a historia dun home que tras ameazar durante anos a súa ex-parella asasina a golpes cunha pa ao seu fillo de 11 anos. Posteriormente crearase un debate moderado por Lola Ferreiro, licenciada en medicina e cirurxía, participa en diversas equipas de investigación no departamento de psiquiatría e é responsábel da formación e supervisión profesional de técnicas de Saúde Pública, de Asesoras de Educación e de mulleres en Galicia, Euskadi, Portugal, Arxentina e Portugal, entre outros países.

Outros artigos

Rianxo detén a perda de poboación

Rianxo atópase entre os concellos galegos que foi quen de deter o devalo demográfico, tal e como se desprende dos datos recentes publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), onde se indica que o concello rexistrou unha habitante máis que na mesma data do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...