Presentadas oito ofertas para a materialización do espazo de deportes urbanos de Fontán (Ribeira)

16 Novembro 2022

O Concello de Ribeira informou do remate do período de presentación de ofertas para a construción do seu novo Espazo Deportivo Urbano, na zona de Fontán. En total, foron oito as propostas achegadas (houbo unha novena que resultou excluída pola mesa de contratación) presentadas durante a licitación. Trátase dunha iniciativa destinada a satisfacer a demanda en determinadas especialidades especialmente demandadas pola xuventude como o skate, o bmx, o roller e o scooter.

A nova infraestrutura, de 432 metros cadrados de superficie, emprazarase sobre unha parcela municipal de 480 metros cadrados situada en Fontán, a 200 metros do paseo do Touro e na contorna da nova Comisaría e do novo Punto de Encontro Familiar.

O proxecto foi redactado por Daniel Yábar, prestixioso arquitecto alacantino especializado neste tipo de instalacións, responsábel de actuacións como o Skatepark de Santa Lucía en Vitoria, a Skateplaza de Logroño, o Skatepark Parque de la Granja en Tenerife ou o Bowl Vía Hispanidad de Zaragoza.

O Concello explicou que o proxecto inclúe a construción dun skatepark in situ a base de formigón gunitado cunha zona de rúa e outra de rampla que estará integrada na paisaxe. O futuro espazo de deportes e cultura urbana será un espazo inclusivo e disporá de diversos elementos como unha pirámide, unha duna, un hip, unminiramp ou un corner.

Completarán a intervención a colocación de papeleiras, bancos, aparcabicis e instalación das columnas e proxectores.

O orzamento base de licitación é de 150.409,50 euros e o prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...