Patricia Lojo e Sandra González, concelleiras da Pobra e Noia, coñecen o plan de prevención de incendios de Ames

19 Novembro 2022

A concelleira de Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais do Concello da Pobra do Caramiñal, Patria Lojo Nine, e maila concelleira de Noia e deputada provincial adscrita ás áreas de Mocidade e Educación, Sandra González Castro, visitaron o concello de Ames para interesarse polo plan de prevención de incendios forestais que o Goberno municipal puxo en marcha en 2016. Ademais, visitaron o Centro de Saúde do Milladoiro para coñecer un ambulatorio de recente construción, xa que na Pobra do Caramiñal solicitaron a mellora do seu dispensario e en Noia vai a Xunta de Galicia a construír un novo centro médico.

O alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, e á técnica do departamento de Medio Ambiente, Patricia Reboreda, mantiveron un encontro a semana pasada coa concelleira de Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais do Concello da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo Nine, e maila concelleira de Noia e deputada provincial adscrita ás áreas de Mocidade e Educación, Sandra González Castro.

Como dixemos, a visita das dúas concelleiras foi en boa medida para coñecer o plan de prevención de incendios forestais que o Goberno municipal amesán puxo en marcha en 2016. Deste xeito, deron conta das franxas de protección e recibiron datos sobre o plan de prevención de incendios forestais local, o cal tiñan interese en coñecer pola vaga de incendios do pasado verán que afectou ao Barbanza, e en especial A Pobra do Caramiñal. O alcalde, o concelleiro de Transición Ecolóxica e maila técnica de Medio Ambiente explicáronlles o que se fixo neste eido e entregóuselles un dossier cos datos dos sete anos que leva funcionando dito plan.

O Concello de Ames puxo en marcha en 2016 un plan de prevención e defensa contra lumes forestais baseado na repoboación de faixas secundarias con árbores frondosas caducifolias como castiñeiros, freixos, abeleiras, cerdeiras, pradarías, bidueiros, nogueiras, ameneiros, maceiras, pereiras ou carballo americano. Deste xeito, o Concello busca, ademais de “afastar posíbeis incendios dos núcleos de poboación”, “recuperar a calidade do solo e aminorar a perda de biodiversidade, ocasionada pola tala masiva nestes espazos de contención”. Dende a súa posta en funcionamento actuouse en cinco parroquias plantando 5.111 árbores en 20 hectáreas de monte grazas á colaboración de máis de 100 propietarios/as que se adheriron ao plan.

O Concello de Ames prioriza o fomento de plantación de frondosas caducifolias en aquelas parcelas tipificadas como de risco alto ou moi alto. Concretamente definíronse 59 ámbitos de actuación para levar a cabo este plan de prevención.

Visita ao centro de saúde do Milladoiro
Ademais, visitaron o centro de saúde do Milladoiro onde foron recibidos pola coordinadora do dispensario, Magdalena Seco, que lles explicou o funcionamento de dito centro. Tanto Patricia Lojo como Sandra González tiñan interese en coñecer un ambulatorio de recente construción, xa que na Pobra do Caramiñal solicitaron a mellora do seu dispensario e en Noia vai a Xunta de Galicia a construír un novo centro médico.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “para o Concello de Ames é unha satisfacción que outros Concellos se fixen e se interesen polas políticas que desenvolvemos en Ames, as cales queremos poñen en común e compartir con outros municipios, algunhas delas xa contrastadas, como son o plan de prevención de incendios forestais, os servizos de conciliación, programas de promoción da saúde como Ames Saudábel, etc”

Outros artigos

Arde un colector na rúa Castelo, na Pobra

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:48 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un colector do lixo na rúa Castelo, no casco urbano do concello da Pobra do Caramiñal. O operativo, no que tamén participou a Garda Civil e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...