Os viños da nosa comarca, co-protagonistas do Fórum de Barcelona da man da Deputación

08 Novembro 2022

A Deputación de Coruña está a visualizar o potencial turístico, enolóxico e culinario da provincia durante as tres xornadas do Fórum Grastonómic de Barcelona. O deputado de turismo e vicepresidente da entidade provincial Xosé Regueira definiu deste xeito a campaña desenvolvida no Fórum: “Estamos seguros que a alianza e o compromiso entre a promoción turística e o territorio vai dar grandes resultados e que imos conseguir que moita xente volva mirar para as potencialidades do rural e, mesmo, que se aposte máis por iniciativas concibidas con parámetros de sustentabilidade e de economía circular”.

Baixo o selo A provincia que sabe, nesta segunda xornada, o programa de cociña en directo iniciouse co showcooking de Lolo Mosteiro e Paula Martínez do restaurante A artesa da moza crecha de Betanzos, que utilizaron nas súas receitas produtos da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Os showcookings deste martes tamén inclúen cociñeiros do terriotorio de Ortegal como Óscar Galandum da Taberna Bardancas de Cariño e Antonio Díaz Calvo do Gastrofood AUTGA de Cabanas.

“Os viños da Coruña son seguramente os máis descoñecidos de Galiza” asegura o sumiller Alberto Varela, quen engade “pero A Coruña ten unha relación histórica co viño moi estreita e máis ampla”.

Alberto Varela é o encargado de explicar no stand provincial a historia dos viños da provincia que se remonta “ao século XII, cando Betanzos e o Ribeiro eran as dúas zonas de máis prestixio en canto a calidade dos viños de toda Galiza e, ademais, daquela o viño galego saía todo polo porto da Coruña cara ao País Vasco, Navarra, Asturias e Inglaterra”.

Ademais de contextualizar os viños que se serven con cada showcooking, tamén ofrece unha cata na que deu a coñecer os tintos Xeixelo da IXP Betanzos, Vulpes Vulpes de A Pobra do Caramiñal (IXP Barbanza e Iria), Cazapitas de Rianxo, e o tinto mencía Ribeiras de Armea de IXP Betanzos. “Os viños da Coruña caracterízanse por unha caste moi pouco coñecida que é o branco lexítimo, por unha caste de carácter atlántico, polas súas notas máis cítricas e más frescas e por unha acidez ben entendida”. Ademais da IXP Betanzos, Alberto Varela tamén explicou que “na zona de Rianxo e A Pobra do Caramiñal o branco lexítimo ten mestura con albariño e cunha variedade moi pouco coñecida que é moi típica desa zona que se chama “ratiño”, que é uva moi pequeniña e moi pouco agradábel á vista pero que acabou facendo grandes viños”. “O viño de Coruña ten moitas historias que contar e incluso moi descoñecidas para a xente da Coruña” asegurou.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...