O suicidio con perspectiva de xénero centra unha charla de Andaina Pro Saúde Mental en Rianxo

21 Novembro 2022

A asociación Andaina Pro Saúde Mental vai ofrecer en Rianxo unha nova actividade encadrada na celebración do Día Internacional pola Erradicación da Violencia contra as Mulleres, o 25-N. Trátase da charla Suicidio e Xénero, que se celebra o martes 29 de novembro as 17:30 no Auditorio de Rianxo e que consiste nunha xornada informativa sobre a prevención da conduta suicida con perspectiva de xénero, dentro do programa integral para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio  nas comarcas de Ordes e Ulla-Sar. As inscricións poden facerse a través do teléfono 698 149 915.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.