O probrense Ciro Fernández e o pontevedrés Ánxel Carramal, gañadores de Banda Deseñada e Poesía do programa “Xuventude crea”

25 Novembro 2022
Ciro Fernández. Cedida

Ciro Fernández da Pobra do Caramiñal, con “A anguria do hermetismo” e Ánxel Carramal de Pontevedra, con “Carné devconducir”, foron os gañadores das categorías de banda deseñada e poesía, respectivamente, do Xuventude Crea. A Xunta celebrou hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra un coloquio con todos os gañadores destas modalidades.
Deste xeito, tamén acudiu á cita o segundo clasificado de banda deseñada, Brais Fierro (A Coruña), con A Ponte; e o terceiro clasificado Daniel Souto (Brión), con Rapid Eye Movements. Pola súa parte, na modalidade de poesía, Daniel Durán (Bueu), con Biscoito de laranxa; e Adrián Agustín Vázquez (Vilarmaior) con Itinerario de cegueira, quedaron en segunda e terceira posición, respectivamente.
Os gañadores recibirán unha gratificación de 3000 euros, 1500 os segundos clasificados e 1000 os terceiros. O coloquio celebrado na cidade do Lérez contou coa participación de Alba Guzmán, gañadora da categoría de novela curta de 2021, xa que esta edición quedou deserto o galardón.
Máis de 4.000 participantes
Desde que hai trece anos tivo lugar a primeira convocatoria do Xuventude Crea, xa son máis de 4.000 os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos participantes e preto de 3.000 os proxectos creativos e obras presentadas a este certame. Na edición deste ano 2022 participan un total de 350 artistas con 280 obras que, de novo, contarán con apoio por parte da Xunta de Galicia para dar a coñecer as súas creacións. Compre destacar, ademais, que todas aquelas premiadas ao longo dos últimos anos exhíbense nun museo dixital recen estreado: www.museoxuventudecrea.gal
As disciplinas que se premian nesta edición son: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura). Cómpre destacar, como novidade neste 2022, o cambio de nome de graffiti a arte urbana para dar cabida ás diferentes expresións neste ámbito, así como a inclusión da modalidade de música clásica dentro de música.

Outros artigos

O CEP de Carreira acolleu unha xornada sobre o ciclo da auga

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, visitaron este luns 22 de abril o CEP de Carreira no marco dunha xornada de formación sobre o ciclo da auga levada a cabo por Viaqua e encadrada no proxecto Aqualogía. O programa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....