O pleno da corporación municipal ribeirense abordará unha proposta da Alcaldía para solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) a cesión gratuíta por 10 anos -prorrogables- dos espazos dispoñibles na parte do inmoble do CIFP Coroso, que antigamente era un complexo educativo denominado Escola de Formación Profesional Náutico Pesqueira.
A proposta que presentará o alcalde ao resto de concelleiros diríxese a unha superficie total 286 metros cadrados distribuídos nas plantas primeira e segunda do edificio no que desde hai anos emprázase a unidade de día da UAD. A terceira planta é a que Manuel Ruiz propuxo dar cabida a asociacións, polo que o pleno tamén se comprometerá a realizar as obras de reparación para reacondicionar o edificio, e que requirirá dun investimento económico bastante elevada.
ORDE DO DÍA
PARTE I.- ADOPCIÓN DE ACORDOS
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DE 27DE
OUTUBRO DE 2022.
2.- APROBACIÓN SUPLEMENTO DE CRÉDITO 3/2022.
3.- EXPTE MODIFICACIÓN RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO CONCELLO DE
RIBEIRA. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.
4.- CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL E ACORDO REGULADOR
DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO CONCELLO DE
RIBEIRA. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.
5.- REGULAMENTO PARA O RECOÑECEMENTO DA CARREIRA HORIZONTAL.
ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.
6.- APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO DA MESA DE MOBILIDADE.
7.- “PLAN MUNICIPAL DE PREVENCION E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS
FORESTAIS DO CONCELLO DE RIBEIRA”, CORRESPONDENTE AO CONVENIO DE
COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEGAMP E
SEAGA EN MATERIA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS
FORESTAIS, PARA O ESTABLECEMENTO DUN SISTEMA PÚBLICO DE XESTIÓN
DA BIOMASA NAS FAIXAS SECUNDARIAS.
8.- CESIÓN DE USO GRATUITA A FAVOR DO CONCELLO DA ANTIGA ESCOLA DE
FORMACIÓN PROFESIONAL NÁUTICO PESQUEIRA.
9.- APROBACIÓN CÓDIGO ÉTICO CONCELLO DE RIBEIRA.
10.- PROPOSICIÓN CONXUNTA PRESENTADA POR GM BNG D. LUIS ANTONIO
PÉREZ BARRAL, GM PBBI D. VICENTE MARIÑO DE BRICIO, E GM MIXTO-SUMA
RIBEIRA D. XURXO FERRÓN VIDÁN PARA DESBLOQUEAR A SITUACIÓN DE
PARÁLISE E AVANZAR NA CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE DEPORTES
NÁUTICO.
11.- PROPOSICIÓN GM MIXTO-SUMA RIBEIRA PRESENTADA POR D. XURXO
FERRÓN VIDÁN SOBRE ORDENACIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS E TERRAZAS
DE HOSTALERÍA.
12.- PROPOSICIÓN GM PP PRESENTADA POR DNA. MARÍA JOSÉ SAMPEDRO
FERNÁNDEZ SOLICITANDO QUE O PBBI DEIXE DE PERCIBIR ASIGNACIÓNS DO
CONCELLO MENTRES NON XUSTIFIQUE OS SEUS GASTOS ELECTORAIS ANTE O
TRIBUNAL DE CONTAS.
13.- PROPOSICIÓN GM PS DE G-PSOE PRESENTADA POR D. JOSÉ MANUEL
SUÁREZ–PUERTA SIRGADO PARA REALIZAR AS XESTIÓNS NECESARIAS PARA
CREAR A TARXETA MUNICIPAL DE TRANSPORTE.
14.- PROPOSICIÓN GM PP PRESENTADA POR DNA. MARÍA JOSÉ SAMPEDRO
FERNÁNDEZ REXEITANDO A RESOLUCIÓN DA COMISIÓN EUROPEA SOBRE A
PROHIBICIÓN DA PESCA DE FONDO EN 87 ÁREAS.
15.- PROPOSICIÓN CONXUNTA PRESENTADA POR GM BNG D. LUIS ANTONIO
PÉREZ BARRAL, GM PBBI D. VICENTE MARIÑO DE BRICIO, GM PSDEG-PSOE D.
JOSÉ MANUEL VILAS ÁLVAREZ, E GM MIXTO-SUMA RIBEIRA D. XURXO FERRÓN
VIDÁN EN APOIO Á ILP PROMOVIDA POR SOS SANIDADE PÚBLICA PARA
GARANTIR A CALIDADE ASISTENCIAL NA ATENCIÓN PRIMARIA.
16.- PROPOSICIÓN GM MIXTO-SUMA RIBEIRA PRESENTADA POR D. XURXO
FERRÓN VIDÁN SOBRE UN CONCELLO ESTÉTICO E HARMONIOSO.
17.- PROPOSICIÓN GM PBBI PRESENTADA POR D. VICENTE MARIÑO DE BRICIO
SOBRE MELLORAS DE LIMPEZA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE XARÁS.
18.- PROPOSICIÓN GM PS DE G-PSOE PRESENTADA POR D. JOSÉ MANUEL
VILAS ÁLVAREZ SOBRE ELABORACIÓN DUN ESTUDIO/PROXECTO TÉCNICO
DUN MIRADOR NO MONTE TAHÚME.
19.- PROPOSICIÓN GM PBBI PRESENTADA POR D. MIGUEL ANGEL VÁZQUEZ
SALGUEIRO SOBRE MELLORAS NA PRAIA DE COROSO.
20.- PROPOSICIÓN CONXUNTA PRESENTADA POR GM BNG D. LUIS ANTONIO
PÉREZ BARRAL, GM PBBI D. VICENTE MARIÑO DE BRICIO, GM PSDEG-PSOE D.
JOSÉ MANUEL VILAS ÁLVAREZ, E GM MIXTO-SUMA RIBEIRA D. XURXO FERRÓN
VIDÁN PARA QUE O CONCELLO DE RIBEIRA CUMPRA COS ACORDOS
PLENARIOS E FAGA O ESTUDO TÉCNICO SOBRE A ESTRADA CP-7301 COMO
ALTERNATIVA Á CIRCUNVALACIÓN.
21.- PROPOSICIÓN GM PBBI PRESENTADA POR D. VICENTE MARIÑO DE BRICIO
SOBRE NORMAS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E
VIVENDA RELATIVAS AO USO PÚBLICO E ACTIVIDADES RECREATIVAS NOS
ISLOTES DE “GUIDOIRO AREOSO” E ISLA DE RÚA.
22.- PROPOSICIÓN GM PBBI PRESENTADA POR D. MIGUEL ANGEL VÁZQUEZ
SALGUEIRO SOBRE DISEÑO PLAN TURÍSTICO RIBEIRA. DECORACIÓN E
ILUMINACIÓN DAS RUAS.
23.- PROPOSICIÓN GM PS DE G-PSOE PRESENTADA POR D. JOSÉ MANUEL
VILAS ÁLVAREZ SOBRE PROXECTO DE REMODELACIÓN URBANÍSTICA NO
ENTORNO DA FILGUEIRA, PEDROSA E OUTEIRO.
24.- PROPOSICIÓN GM MIXTO-SUMA RIBEIRA PRESENTADA POR D. XURXO
FERRÓN VIDÁN SOBRE FOMENTO DA XESTIÓN DIFERENCIADA DOS RESIDUOS
DOMÉSTICOS.
PARTE II.- CONTROL ÓRGANOS DE GOBERNO
25.- INFORME RESUMO 2021 E ACTUACIÓNS DE CONTROL FINANCIERO 2022.
26.- DACIÓN DE CONTA DECRETOS DA ALCALDÍA (ART. 42 DO ROF).
27.- MOCIÓNS DE URXENCIA.
28.- ROGOS E PREGUNTAS.