O Grupo Socialista no Parlamento pregunta no Parlamento polos médicos para Palmeira e Corrubedo

25 Novembro 2022

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou ante a mesa da Comisión do Parlamento galego a non cobertura da baixa do único médico que prestaba servizo no centro de saúde de Palmeira e que segundo os soialistas a Xunta amañou nun primeiro momento cun facultativo do centro de saúde de Ribeira de maneira intermitente: algunhas horas ao día certos días á semana.
Finalmente, o Sergas resolveu ese conflito destinando unha médica a Palmeira que agora, ante a suposta falla de persoal facultativo, é compartida con Corrubedo. A dispensa desa profesional en Corrubedo é só de dúas horas ao día en dous días da semana, de xeito que é clara a desatención e abandono das persoas usuarias dese centro de saúde.
Fronte o Psoe a esta situación de desprotección, a veciñanza de Corrubedo está a mobilizarse para que se cubra a praza do facultativo dese centro de saúde a tempo completo. Non se pode obviar que falamos dunha poboación envellecida, distante do centro de saúde de Ribeira, cun sistema público de transporte cada vez máis deficitario que obriga a facer uso do taxi, algo que non está ao alcance dunha veciñanza que, procedente do sector do mar, ten unhas pensións moi limitadas.

Por iso as deputadas e o deputados socialistas formulan as seguintes preguntas na Mesa do Parlamento:
1ª) Vai garantir o Sergas de inmediato a cobertura da praza de médico/a que lle corresponde ao centro de saúde de Corrubedo?
2ª) Prevé o Goberno galego seguir compartindo o profesional médico entre Palmeira e Corrubedo?
3ª) Considera a Xunta de Galicia que a atención sanitaria á veciñanza de Corrubedo está a ser satisfactoria?

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.