O Concello de Noia mellora e repara os vestiarios do Estadio Municipal Julio Mato “Matito”

17 Novembro 2022

O Concello de Noia segue a traballar na posta a punto e mellora das instalación deportivas do municipio. En concreto, durante estes últimos días a brigada de obras do Concello está a realizar diversos traballos de mellora e reparación nos vestiarios localizados baixo a grada do estadio Julio Mato “Matito”.

A actuación contempla a reparación de fendas, saneamento de humidades, o acondicionamento do falso teito e o pintado das dependencias que dan servizo aos clubs deportivos de fútbol e atletismo da vila.

Tras a vista ao recinto, o alcalde de Noia, Santiago Freire, destacou “a importancia desta intervención xa que reforza a aposta desde equipo de goberno polo deporte local e por mellorar as instalacións do municipio”.

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...