O Concello de Boiro desenvolve unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar

14 Novembro 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, celebra durante esta semana unha nova edición da mostra de teatro escolar. A cita, na que participa o alumnado os centros de primaria e secundaria do municipio, deu comezo o pasado xoves 10 de novembro coa representación de Nube, nube, sol de Teatro ao Cubo.

Participa na mostra todo o alumnado, a partir dos catro ano, dos centros de todos os centros de Primaria do municipio, así como tamén o alumnado de 1º da ESO dos tres centros de Secundaria. “Este ano ampliamos a Mostra de Teatro Escolar para poder chegar tamén ao alumnado de Secundaria”, afirmou a concelleira de Educación e Cultura, María Outeiral.

Esta semana vanse representar as obras Onde viven os monstros de Os Náufragos Teatro; Hugo, ser diferentes fainos grandes de Os Náufragos Teatro; O xardín de Vila Gris, de FMEC Producións; e Cubo de Elefante Elegante.

O obxectivo desta iniciativa é “achegar o teatro ás novas xeracións, promovendo hábitos e valores que favorecen o desenvolvemento persoal e social”, engadiu a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.