O Concello de Boiro achegará formación e empregabilidade a 100 mulleres da comarca

29 Novembro 2022

Dende o Concello de Boiro dan conta este martes 29 de novembro da nova edición do Programa Integrado de Emprego para o ano 2022/2023. O dito programa formativo levarase a cabo co apoio da Pobra do Caramiñal e está encamiñado a 100 mulleres desempregadas, sendo subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Na presentación participaron: o concelleiro de Promoción Económica de Boiro, Carlos Muñiz; e a concelleira de Servizos Sociais e Desenvolvemento Local da Pobra, Amparo Cerecedo; acompañados dos técnicos.

Ao programa poderán acceder 100 mulleres demandantes de emprego dos municipios de Boiro, A Pobra, Rianxo e Ribeira, durante os 12 meses nos que se vai desenvolver o programa van recibir formación específica e tamén xornadas formativas destinadas a mellorar as súas habilidades de cara á empregabilidade e inserción laboral.

O curso inclúe formación en fundamentos básicos de cociña, limpeza, elaboración de pezas cárnicas, operacións básicas de caixa e atención ao cliente, carretilla elevadora, xestión de almacén, plan de mercadotecnia (marketing), comercio electrónico, mercadotecnia en liña, contabilidade e nóminas, Office, manipulador de alimentos, inglés…

Asemade, este programa conta cun servizo de medidas de conciliación para facilitar a asistencia ás actividades, apostando polas novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación segundo as necesidades das usuarias.

As interesadas en participar neste programa deben inscribirse como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar a asignación do código 930.

Para máis información escribir ao enderezo electrónico: emprego@boiro.gal ou chamar aos números de teléfono: 650 042 409 e 659 247 963.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.