O Concello de Boiro abre o período de cobro dos principais impostos

O Concello de Boiro inicia o período de cobro de diferentes impostos correspondentes ao ano 2022. O prazo de ingreso en período voluntario está aberto dende o 20 de outubro e ata o 20 de decembro deste ano.

Trátase das seguintes taxas: IAE, IVTM, entrada de carruaxes e vados, cemiterio; e tamén os terceiros trimestres do ano de auga, lixo, sumidoiro, canon auga fixo e variábel, praza de abastos, mercadiño, bonos aparcadoiro e aparcamento.

A data de cargo dos recibos domiciliados será o 21 de novembro de 2022. O vencemento do prazo en período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio en período executivo e a esixibilidade de recarga sobre o principal.