O Concello da Pobra mostra nos colexios como acadar unha correcta reciclaxe

16 Novembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal prosegue estes días coas súas campañas de sensibilización para o coidado ambiental da contorna. A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), explicou que abeiro destes obxectivos ambientais realizouse unha charla formativa sobre a correcta xestión dos residuos dirixida ao alumnado dos centros educativos da Primaria.

Estes coloquios impartiunos persoal especializado de Ventos Estudos Ambientais, coa colaboración da URBASER, á rapazada de tódolos cursos do CEP Salustiano Rey Eiras, no 7 de novembro, e do CEP Pilar Maestú Sierra, no día 14.

Preténdese así concienciar dende idades temperás sobre a importancia da separación na orixe e como facer unha óptima reciclaxe: que depositar no contedor xenérico, no de envases lixeiros, no de papel e cartón, e no de vidro.

Outros artigos

Dous prestixiosos espectáculos de danza chegan á Pobra polo Nadal

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza dous espectáculos de danza na localidade con motivo do Nadal 2024. "As artes escénicas son a pedra angular da axenda cultural da Pobra do Caramiñal nestas datas tan significativas con tanta vitalidade no noso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión