O Club de Natación Boiro presentou a súa tempada para o ano 2022/2023

19 Novembro 2022

O Salón de Plenos do Concello de Boiro acolleu este sábado a presentación da tempada 2022/2023 do Club de Natación Boiro. Na presentación estiveron a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o presidente do Club, Rafa Pérez; o director técnico, Carlos Brión; e Marga Hermo, directora de relacións institucionais de Jealsa, e Antía Romero, da Clínica Dental Rebeca Ozores; principais empresas patrocinadoras.
A concelleira de Deportes, Dores Torrado, eloxiou o traballo e a implicación do Club e o esforzo do equipo directivo e as familias que “fai que dia a dia se sigan formando rapaces e rapazas que acadan grandes logros deportivos”. “Isto débese tamén á implicación das empresas privadas e o Concello, esta unión para financiar actividades e mellorar as instalacións deportivas é o que nos fai acadar grandes éxitos en todas as categorías”.
O presidente do club, Rafa Pérez, mostrou o seu agradecemento ás familias, equipo directivo, adestradores, Concello e empresas patrocinadoras xa que “o traballo e o compromiso é o que conduce ao éxito e aos grandes resultados e o que nos fixo poñernos no mapa da natación galega”. Aproveitou a súa intervención para solicitar o apoio e que a piscina municipal de Boiro poida estar homologada para que “a evolución deportiva non teña límites”.
“Os rapaces e rapazas do club de natación tedes un gran futuro por diante, así que non teñades medo. A competición é moi importante para a formación”, recoñeceu o director técnico do club, Carlos Brión. Marcouse como obxectivos para esta tempada aumentar o número de licencias e seguir formando as categorías base para manter os logros e a participación acadadas a tempada pasada.
No acto, no que participaron os membros do club e as familias, tiveron un papel protagonista as empresas patrocinadoras, representadas por Jealsa e Clínica Dental Rebeca Ozores. Marga Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa destacou a cantidade de nenos e nenas que fan deporte en Boiro, “é para nós un orgullo poder acompañarvos e que os nenos e nenas poidades practicar o deporte que vos gusta, que o pasedes ben e que medredes de forma sa e construíndo unha sociedade mellor”.
Pola súa banda, Antía Romero, da clínica dental Rebeca Ozores, destacou o agradecemento de poder formar parte dun proxecto como o do Club de Natación Boiro e “desexamos que sexa unha gran tempada, de grandes logros, e que poidades desfrutar día a día das metas acadadas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.