“Non hai paz para os mortos, señor presidente” – Antón Luaces

04 Novembro 2022

Galicia non viviu a Guerra Civil española (1936-39) no seu territorio. Pero si as consecuencias dela nas familias; fillos/fillas, irmáns, pais/nais. Na fronte de batalla, nas gabias, nos valados de Galicia e moitos outros lugares de España hai galegos mortos, asasinados, “paseados” polo simple feito de non seren afectos ao levantamento armado que tivo en Francisco Franco a cabeza visible. Foron e son mortos que os galegos vivos de hoxe non poden deixar en paz, como propón o presidente nacional do Partido Popular, o galego Alberto Núñez Feijoo, hoxendía senador após ser presidente da Xunta de Galicia, quen diante da exhumación dos restos de quen fora capitán xeneral de Andalucia, Queipo de Llano, dixo que “a política debe centrarse nos vivos e deixar os mortos en paz”.

De verdadeiro miragre non teño na familia ningún morto ou asasinado na Guerra Civil. Si presos no cárcere de Ferrol ou en campos de concentración na Francia que se dixo ía axudar aos ex-combatentes españois. Abonda, para min. Tamén hai unha muller na familia que cometeu o pecado de ser noiva de guerra dun soldado “roxo”, motivo polo que as autoridades cívico-militares de Ribeira deron orde de afeitarlle a cabeza e saír así, ”lucindo” o “rape” polas rúas daquela poboación que, anos máis tarde, erguería no adro da igrexa parroquial un monumento (unha gran cruz de pedra) na honra dos que morreran por Deus e pola Patria. Obviamente, non eran mortos republicanos ou simpatizantes coa República.

Se por estes motivos coido que nada teño que agradecer aos que isto fixeron, como podo deixar en paz (en que paz, señor Feijóo) aos que foron asasinados polo simple feito de pensaren distinto que aqueles que se levantaran contra un goberno a todas luces lexítimo?

Moito tería gañado o presidente do PP se calara os seus máis íntimos pensamentos a respecto dos mortos exhumados, Franco incluído. Porque na intrahistoria do xeneral Queipo de Llano hai nada menos que 45.000 afusilados en terras de Andalucía. Deixar en paz -en que paz, señor Feijoo?-  a 45.000 persoas que, ben seguro, desexarían daquela, cando estaban con vida, gozar da paz que non tiveron nos últimos tempos da súa vida?.

Non ten a obriga de defendelos, Mais si o sentido humano de respectalos. Unha ocasión perdida, señor presidente do PP. Non pido que cale, si que pense. Porque a familia dos asasinados non poden vivir en paz.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.