Este sábado péchase cunha visita guiada a mostra Ukiyo-e no Museo do Gravado

17 Novembro 2022

Este sábado 19 de novembro vaise clausurar no Museo do Gravado de Artes (Ribeira) a exposición Ukiyo-e. A beleza e a cor do efémero. Será ás 12.30 h na sala 1 do Museo do Gravado de Artes (Ribeira). A mostra pecharase cunha visita guiada coa que mostrar os detalles do mesmo ás persoas asistentes. A visita correrá a cargo do comisario da exposición José Daniel Buján Núñez.

Ukiyo-e é un xénero de gravados producidos en Xapón entre os séculos XVII e XX. A temática principal son as escenas urbanas, sobre todo as actividades de lecer. A exposición que se clausura este sábado é unha escolma de estampas pertencentes á colección particular de José Daniel Buján Núñez. Trátase de gravados que permiten coñecer como era Xapón durante a etapa de goberno dos Tokugawa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...