Esquerda Unida solicita unhas liñas de autobuses que conecten co polígono de Espiñeira

15 Novembro 2022

Esquerda Unida Boiro solicita ao goberno local de Boiro a creación de varias liñas de autobuses que conecten, a lo menos, os principais núcleos de poboación do municipio con polígono industrial de Espiñeira.

Nos últimos meses EU di que coñece os plans do goberno local de ampliar o polígono industrial de Espiñeira, en cambio dende o concello non ofrecen ningunha solución ás dificultades que os centos de traballadoras e traballadores teñen para desprazarse cada día ao polígono de Espiñeira para asistir ao seu posto de traballo.

Din que é unha mostra dunha clara falta de planificación o feito de que un pobo de case 20 mil habitantes non teña comunicado convenientemente o seu principal centro industrial, por iso, dende Esquerda Unida propoñemos o establecemento de varias liñas de autobuses que conecten a lo menos os principais núcleos de poboación co polígono industrial de Espiñeira coincidindo cos horarios de entrada e saída das empresas que operan no polígono.

Unha das principais obrigas dos gobernos locais é o de facilitar a vida cotiá á veciñanza, por iso o establecemento dun transporte público e eficiente que facilite as rutinas diarias, como o traslado cada mañá ao lugar de traballo, é un servizo básico que unha alcaldía non debería ignorar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.