En Ribeira gran ambiente durante a fin de semana con motivo do rallye

14 Novembro 2022

Dende o Concello de Ribeira queremos destacar o gran ambiente vivido esta fin de semana con motivo da celebración da segunda edición do Rallye Ribeira – Ría de Arousa, última proba do campionato galego.
Neste senso, non só a meirande parte de establecementos de hospedaxe estiveron ao cento por cento de ocupación, senón que a disputa da proba tamén redundou positivamente noutros moitos negocios comerciais e hostaleiros a pé de rúa.
Ademais, grazas á boa organización non se produxeron incidencias dignas de mención.
Por último, agradecemos o sacrificio de moita xente na convicción de que os beneficios reportados por esta competición deportiva de primeiro nivel compensaron o esforzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...