En Boiro ábrese este luns 21 o prazo de inscrición para o Campamento de Conciliación do Nadal

20 Novembro 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación e Cultura, vai achegar este vindeiro Nadal alternativas de lecer ás familias e ás nais e pais traballadoras/es a través dun Campamento de Conciliación. As inscricións para participar abren o vindeiro luns día 21 e poderanse facer ata o 9 de decembro na web municipal.

O Campamento de Nadal do Concello de Boiro 2022 vaise desenvolver os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022, e o días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2023 en horario de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 14.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

O prezo do campamento será de 50 euros por cada crianza, habendo descontos para familias con dous ou mais nenos que participen no campamento e tamén para persoas en exclusión social.

A proposta está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e empadroadas/os no concello de Boiro. O obxectivo deste obradoiro, en palabras da Concellería, é “ofrecer unha proposta de conciliación á vez que se ofrece unha alternativa lúdica e educativa durante o período das vacacións de Nadal con actividades, saídas culturais, teatro, xogos…”

O prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro luns e ata o 9 de decembro, presentando a documentación a través do Rexistro Xeral ou da sede electrónica do Concello de Boiro. As bases e toda a información sobre o Campamento de Nadal está a disposición das persoas interesadas na web municipal ou na Casa da Cultura e Centro Social de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.