Emilio Palacio confía en que o Rotogal Boiro Voleibol mellore as postas en escena

03 Novembro 2022

Miguel Álvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol visita pasadomañá (ás 19.00 horas) ao Conectabalear Manacor. Sobre o choque en terras baleares, o técnico Emilio Palacio sinala que “para nós, o máis preocupante é que nos custa moito empezar os partidos, sobre todo os primeiros sets. Despois, volvemos entrar no partido o terceiro set, cando o rival reláxase un pouco.
Hai que tentar corrixir este aspecto e saír en Manacor coa máxima intensidade”.
Sobre o Conectabalear Manacor, Emilio Palacio indica que “cambiou bastante con respecto ao ano pasado. Do mesmo xeito que nós, tivo algún problema con algún xogador estranxeiro e, cando o incorpore, será un equipo diferente. Están a empezar a rodarse e veremos como acaban a tempada”.
O Rotogal Boiro Voleibol contará pasadomañá coa baixa de Martín Casais, que se recupera dunha lesión no xeonllo, e coa dúbida de Alan Davila, que concluíu o adestramento vespertino de onte cunha sobrecarga muscular. Sobre a chegada de reforzos para citas vindeiras, Emilio Palacio afirma que “estamos a mirar xogadores, falando con eles. É complicado a estas alturas de tempada, pero estamos a tentalo. Para nós é fundamental o tema económico; temos moitos atrasos nas cobranzas. Pero, se é posible, esperamos incorporar a alguén para o próximo partido”.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.