Dodro reivindica o 25-N con contacontos, cinema, actos institucionais e unha andaina

23 Novembro 2022

O Concello de Dodro preparou unha completa listaxe de actividades ao abeiro do 25-N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que vén con diferentes propostas para nenas, nenos e maiores.

Para comezar, o Goberno local adheriuse novamente á campaña De Fronte da Deputación da Coruña, colaboración que este 18 de novembro colleu corpo coa colocación de pancartas de Dodro en Negro Contra as Violencias.

Ademais, os días 22 e 24 deste mes (martes e xoves) están programadas dúas sesións do contacontos Boneca de Lucas na CRA. A maiores, este mércores 23 actuará Cris de Caldas na Escola Infantil de Dodro e máis no Centro de Dia, e na mesma xornada celebrarase unha saíde de cinema para crianzas de 7 a 12 anos (ás 17.00 dende o Consistorio, para asistir en Vilagarcía á proxección de Reyes contra Santa).

O 25 de novembro, día grande das celebracións, levarase a cabo un acto institucional contra a violencia de xénero que incluirá a representación da peza teatral As do Mare (a cargo das narradoras Rilo & Penadique) no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, ás 19.00 horas.

O Concello tamén organizará ao día seguinte sábado 26, a cuarta edición da Andaina Contra a Violencia de Xénero polas Brañas.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.